Actividades

Actividades Previstas da Asociación
 
  • A representación dos asociados en relación coas fins de ARCODEGA.

     

  • Mantemento das relacións cos Organismos Oficiais, e calquera outras entidades públicas ou privadas, nacionais, autonómicas, e internacionais, colaborando con eles no que redunde en beneficio da economía rexional e dos asociados, de xeito moi especial no que afecte ós problemas da produción, recollida, transporte, valorización e aproveitamento dos residuos da construción e demolición.

  • Elevación ós poderes públicos das iniciativas, aspiracións e reclamacións dos asociados no que estas teñan carácter xeral ou afecten a este sector industrial.

  • Asesoramento ós seus asociados no que estes requiran e informar en todo da actividade que realice ARCODEGA.

  • Creación dos servizos permanentes para o interese común dos asociados.

  • Coordinación e promoción da realización de xornadas e cursos de formación para os seus asociados, así como a edición de revistas, folletos ou calquera outro material divulgativo, para a promoción dos produtos ou servizos dos seus asociados.

  • Colaborar no estudo e solucións dos problemas da reciclaxe de residuos da construción e demolición.

  • Participar segundo ás Leis, nos Organismos e Entidades da Administración Pública e nas súas institucións de carácter asesor ou consultivo que afecten á actividade.

  • Defender ante calquera Organismo, xurisdición e instancia os intereses comúns das empresas asociadas.

  • Establecer, en beneficio dos asociados, servizos de información, documentación, asesoría e xestión, de estudo ou análise económicos, comerciais, contenciosos, técnicos, financeiros ou estatísticos, de prevención de riscos, medio ambiente, etc.

  • En xeral, calquera outras actividades de análoga natureza que se consideren necesarias ou convenientes ou lle sexan encomendadas pola Lei.