Que é Arcodega

NÓS

A asociación Profesional ARCODEGA, de Recicladores de Residuos de Construcción y Demolición, creouse o 22 de febreiro de 2005, constituíndose como unha asociación, profesional, sen ánimo de lucro e con un ámbito circunscrito á Comunidade Autónoma de Galicia cun dobre obxetivo:

  1.  Facer fronte ás dificultades ás que se enfrenta o sector, tales como as reducidas cantidades de residuos que chegan á pranta, ou a competencia desleal existente.
  2. Promover unha xestión destes residuos ambientalmente adecuada, actuando fundamentalmente en dúas líneas: promoción do reciclaxe dos RCDs, fronte á súa eliminación; promovendo a aplicación dos áridos reciclados obtidos a partir destes residuos… en consonancia cos principios de ECONOMÍA CIRCULAR

FINS DA ASOCIACIÓN:

  • Defender os intereses comúns dos seus asociados.
  • Agrupar as empresas recicladoras de residuos de construción e demolición, fomentando a colaboración e solidariedade entre as mesmas.
  • Promocionar a axeitada xestión dos residuos construción e demolición, así como a utilización e a calidade axeitada dos materiais deles recuperados.
  • Divulgar e promocionar produtos ou servizos das empresas membros da asociación.
  • Fomentar a aplicación das mellores tecnoloxías dispoñibles de xestión de residuos.
  • Cumprir e facer cumprir as normas e disposicións que se dicten polo Estado ou polo Goberno Autonómico, velando pola libre competencia no sector.
  • Armonizar en todo momento os intereses particulares cos comúns.
  • Apoiar e fomentar a realización de cantas actividades tendan ó mellor logro das súas fins.