QUEN SOMOS

A asociación Profesional ARCODEGA, de Recicladores de Residuos de Construcción y Demolición, creouse o 22 de febreiro de 2005, constituíndose como unha asociación, profesional, sen ánimo de lucro e con un ámbito circunscrito á Comunidade Autónoma de Galicia cun dobre obxetivo:

1. Facer fronte ás dificultades ás que se enfrenta o sector, tales como as reducidas cantidades de residuos que chegan á pranta, ou a competencia desleal existente.

2. Promover unha xestión destes residuos ambientalmente adecuada, actuando fundamentalmente en dúas líneas: promoción do reciclaxe dos RCDs, fronte á súa eliminación; promovendo a aplicación dos áridos reciclados obtidos a partir destes residuos

Para iso nace como unha asociación representativa do sector, polo que está aberta a todas as empresas recicladoras, que cumpran a lexislación e desenvolvan a súa labor dunha forma ambientalmente sostible.

FINS DA ASOCIACIÓN:

• Defender os intereses comúns dos seus asociados.
• Agrupar as empresas recicladoras de residuos de construción e demolición, fomentando a colaboración e solidariedade entre as mesmas.
• Promocionar a axeitada xestión dos residuos construción e demolición, así como a utilización e a calidade axeitada dos materiais deles recuperados.
• Divulgar e promocionar produtos ou servizos das empresas membros da asociación.
• Fomentar a aplicación das mellores tecnoloxías dispoñibles de xestión de residuos.
• Cumprir e facer cumprir as normas e disposicións que se dicten polo Estado ou polo Goberno Autonómico, velando pola libre competencia no sector.
• Armonizar en todo momento os intereses particulares cos comúns.
• Apoiar e fomentar a realización de cantas actividades tendan ó mellor logro das súas fins.

ACCIÓNS DESENROLADAS:

• Contactos cos responsables das principais Administracións Públicas (Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable, Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Concellos). O obxectivo destas entrevistas é presentar ás autoridades a asociación, os seus asociados, fins e actividades. Preténdese poñer en coñecemento das administracións públicas a situación do sector e realizar propostas sobre as medidas a adoptar para a mellora do sector e a xestión dos residuos.
• Accións relativas á competencia desleal. Unha das fins máis importantes da asociación é o cumprimento da lexislación na xestión de residuos da construción e demolición, xa que este é un dos principais problemas ós que se enfronta o sector. Por iso realizáronse accións para poñer en coñecemento das administracións competentes nas que se vulnera a lexislación aplicable en materia de xestión de residuos. Realización de actividades de asesoramento ós seus asociados.

XUNTA DIRECTIVA:

• Presidente: Luis Pardo Longeira